Vostede está aquí: Inicio Acceso Bases para a contratación de persoal temporal de SEAGA
07 Out

Bases para a contratación de persoal temporal de SEAGA

Tal e como está contemplado nas Bases para a contratación de persoal temporal de Seaga, e como xa se procede cada ano; durante o mes de outubro se abre o prazo para actualización de méritos nas listas e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos. O anuncio aparece no DOG do 30 de setembro.
O prazo de inscrición será de un mes, a partir del 1 de outubro (ata o 30 incluído), nas oficinas de Seaga ou por correo certificado (non serven os rexistros da Xunta nin o Portelo Único).

A idea é que no ano próximo todos os procesos selectivos de contratación de persoal se podan levar a cabo co persoal que se inscriba agora.

Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.
Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)
Debe quedar claro que a intención é non volver a abrir as listas ata o próximo ano, polo que deben anotarse agora todos os interesados. A medida que se vaian producindo necesidades de persoal publicaranse as bases específicas e se convocarán procesos selectivos; será nese momento cando deban aportar outra documentación que se lles solicite (formación, etc...)

Debe quedar moi claro que a apertura das listas non implica necesariamente que haxa contratacións nos próximos meses.
Toda a información aparece publicada na páxina web de Seaga (www.epseaga.com)
É vital que os candidatos comproben correctamente a documentación a presentar, consulten, e resolvan con tempo calquera incidencia.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate