Vostede está aquí: Inicio Acceso Punto de información catastral
16 Out

Punto de información catastral

Os Puntos de Información Catastral son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.

Nos Puntos de Información Catastral vostede poderá obter os seguintes servizos:

  •     Información de carácter xeral e particular de inmobles.
  •     Asesoramento sobre obrigacións co Catastro.
  •     Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
  •     Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  •     Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  •     Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

 Dirección General del CatastroConcello do Corgo

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate