Vostede está aquí: Inicio Acceso Prezo do leite – Plataforma Fonterra
03 Nov

Prezo do leite – Plataforma Fonterra

Fonterra é unha cooperativa neozelandesa que constitúe o maior exportador de productos lácteos do mundo. A súa plataforma Fonterra é o principal referente dos operadores á hora de fixar o prezo do leite líquido.

Cómo funciona a subasta de Fonterra?
A subasta de Fonterra a través da Global Dairy Trade celébrase quincenalmente, dura unhas dúas horas e nela reúnense os principais vendedores e compradores do mundo dos productos lácteos. A operativa é sinxela; arráncase cunha oferta dunha cantidade concreta de productos a un prezo inicial que se publica na propia web (www.globaldairytrade.info) e a partir de ahí dá comenzo un evento comercial ou rolda –unha poxa- no cal os postores ofrecen un prezo para a cantidade que están dispostos a mercar. Ao peche de cada ronda, se as cantidades demandadas son maiores cas ofertadas, súbe o prezo e vólvese a abrir unha nova rolda. Vanse sucedendo poxas ata que as cantidades e os prezos se axustan e gaña o mellor postor. Aos poucos minutos publícanse en Internet os resultados e nos dous días posteriores á poxa compradores e vendedores póñense de acordo para concretar os detalles da transacción.


Estes prezos acadados serven de referente aos operadores á hora de fixar o prezo do leite.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate