Vostede está aquí: Inicio Acceso As axudas da PAC
30 Mar

As axudas da PAC

 

 O xoves día 31 de marzo, ás 11 da mañá, terá lugar unha charla informativa sobre a PAC  e as súas novidades.

Será impartida por Fernando López, Xefe de Servizo do FOGGA,no salón de actos do Edificio Administrativo de Lugo ( Ronda da Muralla)

As axudas da PAC supoñen unha inxección de case 200 millóns de euros no agro galego, repartidos entre uns 33.000 solicitantes, que repercuten favorablemente no sector como un salvavidas nestes tempos de crise.
A Pac é unha política común a tódolos estados da Unión Europea en materia agrícola, que se creou no 1962 e estaba enfocada a mellorar a productividade agraria así como garantizarlles aos agricultores un nivel de vida razonable e suministrar aos consumidores alimentos a precios asequibles. Hoxe en dia,  as bases da Pac fan tesón en aspectos como a xestión sostenible dos recursos naturais, o benestar animal ou a seguridade alimentaria.
Para cobrar as axudas segue sendo necesario cumprir as condicións do 'pagamento verde', pero con cambios. A verificación dos cultivos principais para cumprir a diversificación irá dos meses de maio a xullo e non de maio a setembro como o ano pasado. Pero a novidade máis destacada afecta a declaración de superficies de interese ecolóxico. Agora poderán xustificarse con cultivos fixadores de nitróxeno que se sementen despois do cultivo principal, evitando así ter que deixar superficies a barbeito.
O cobro de cada explotación varia en función do tamaño, dos dereitos de pagamento adquiridos nas convocatorias precedentes, da actividade etc. Subvencionase dende a producción do leite e acria de ovellas e cabras, o engorde de becerros, a sembra de cereais e legumes…
Os solicitantes poderán optar por:
• Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga. nas 50 entidades colaboradoras, entre bancos, entidades para aconsellar e Agaca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias
• Realizar persoalmente a súa solicitude no  seguinte enlace , para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2016 iniciouse o día 1 de febreiro e remata o 30 de abril.

Lémbrase que o Concello do Corgo pon a disposición dos veciños solicitantes,  o servizo de búsqueda e impresión gratuita das fichas do SIXPAC no Telecentro Municipal ( Centro Sociocultural do Corgo)

Ver orde do 29 de xaneiro de 2016

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate