Vostede está aquí: Inicio Acceso Campaña de verán 2016.
11 Abr

Campaña de verán 2016.

Campamentos da Xunta De Galicia. Xovenes de 9 a 17 anos.

Públicase no DOG do 8 de abril a oferta de prazas para a campaña de verán baixo a orde do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2016 que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web: www.xuventude.net.

Entre os servizos que se ofertan están : Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. Aloxamento en albergue, residencia xuvenil ou campamento. Manutención en réximen de pensión completa, material para as actividadades, profesionais especializados para desenvolverlas, atención sanitaria e seguro de accidentes, etc.

A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

En canto as idades dos participantes cabe destacar que:

- Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

- Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Campos de traballo.  Xovenes de 18 a 30 anos.

O día 22 de abril ábrese o prazo para a inscrición nos campos de traballo da Xunta de Galicia.  Nesta oferta destacan iniciativas culturais e etnográficas, ambientais, de construcción e restauración, de dinamización social con temáticas relacionadas coa formación lingüística e co turismo, sociais e arqueolóxicas.

As localidadeas galegas elixidas son Boqueixón, Rois, Melide, A Coruña, Ourense, Celanova e Vigo.

Noutras comunidades autónomas terán lugar na Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias,Cantabria, Castilla a Mancha, Castilla León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, País Vasco e Valencia.

Tamén se ofertan prazas no extranxeiro.

Aos voluntarios ofréceselles:

  • Un proxecto sempre de dimensión social, na procura da mellora ambiental do noso contorno, da convivencia entre as persoas, dun mellor desenvolvemento e integración das discapacidades, dun maior coñecemento da nosa cultur e a nosa realidade.

  • Un equipo humano que os/as acollerá e lles axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.

  • Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.

  • Un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.

  • Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.

  • Un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Atopa máis información aquí.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate