Vostede está aquí: Inicio Acceso Bono de Aluguer social.
16 Feb

Bono de Aluguer social.

Medidas fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda.

A Xunta de Galicia ten en marcha un conxunto de 12 medidas encamiñadas a garantir o dereito de todos os cidadás a unha vivenda, evitar os desafiuzamentos e paliar as súas consecuencia. Son doce medidas ás poden acollerse as familias que afronten dificultades para acceder a unha vivenda ou para conservar a súa. Entre elas o Bono de Alugueiro Social.
As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
• Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora, dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza.
• As vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración pública.
• Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.»
• Aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de goce desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social e acrediten non ter capacidade económica para o pago da vivenda.
As axudas consisten en:
• Bonos de alugueiro social cunha contía de 150, 175 ou 200 € mensuais. Concédense por un período de 12 meses, que poderá prorrogarse, previa solicitude do interesado, por dous períodos sucesivos de 12 meses ata un máximo de 36 meses en total.
o 200 € nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
o 175 € nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
o 150 € no resto de concellos de Galicia
• axuda adicional de 600 € para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de permanecer na mesma vivenda, para atender cantidades pendentes.

LIMITE DE INGRESOS

Os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social non poderán supeerar os ingresos máximos que se indican na táboa:

Nº DE MEMBROS UNIDADE FAMILIAR 1,5 VECES  IPREM MENSUAL.
1 745,51
2 1.035,44
3 1.164,87
4 1.331,28
5 ou máis 1.553,15

•Considerase unidade de convivencia ao conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
• A existencia de discapacitados na unidade familiar valorase a través da ponderación de ingresos e os fillos concibidos no momento da axuda e aínda non nacidos valorarase aos efectos da ponderación de ingresos.
RENDA DAS VIVENDAS
• A renda mensual máxima a pagar polos beneficiarios do Bono de Alugeiro Social non pode superar os seguintes importes:
• a) 400 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
• b) 350 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
• c) 300 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.
• Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.
PAGO
• O IGVS realizará o pagamento da axuda mensual na conta do arrendador, unha vez comprobado que o inquilino realizou o pago da parte que lle corresponde (os inquilinos comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un comprobante bancario do mesmo).

Máis información en www.igus.es/web/actuamos/737

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate