Vostede está aquí: Inicio Acceso Mostrando artículos por etiqueta: deportes

O domingo día 22 de outubro, celébrase a IX carreira popular Arumes do Corgo, memorial Quique Casanova. O último día para inscribirse será o día 19 de outrubro, xoves,  ás 13:00 h. As inscricións faránse exclusivamente a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.com

Consúlta no tríptico os horarios, categorías e toda a información referente  á carreira.

pdf Triptico IX carreira popular Arumes do Corgo memorial Quique Casanova (928 KB)

Máis información no teléfono 626739390.

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.arumescorgo.blogspot.com

 

 

Publicado en Novas

A iniciativa " A Nosa Terra, os nosos Nenos", na que colaboran o Clube Deportivo Lugo e os concellos da provincia, pretende facilitar a asistencia de público xoven e adultos aos encontros que o conxunto lugúes desputa no Anxo Carro. Por outra banda, esta iniciativa incllúe visitas de xogadores e outros membros da directiva e equipo técnico aos colexios que participan nesta iniciativa.

O concello  do Corgo está a participar nesta interesante proposta que ofrece o C. D. Lugo, e o martes, día 31 de xaneiro, un xogador do equipo e outros membros da  directiva visitarán o CEIP do Corgo co fin de conversar cos alumnos e facerlles chegar a ilusión e o sentimento das cores albivermellas.

Nesta visita convidarán a tódolos nenos e nenas e acompañantes que desexen ao próximo partido que o CD Lugo desputa no seu estadio, fronte ao Córdoba, o vindeiro 4 de febreiro, sábado, ás 18:00 horas. As entradas serán gratuitas tanto para nenos como para adultos.

O Concello do Corgo poñerá a disposición dos interesados autobuses para o traslado ao estadio Anxo Carro. A saída terá lugar as 16:30 horas do sábado diante do CEIP do Corgo. Ademáis, ao  coincidir o partido coa hora da merenda, o concello agasallará a cada neno que acoda oa encontro cun bocadillo e unha bebida para que animen ao equipo con máis forza.

Para acudir ao encontro é preciso entregar cuberta e asinada a autorización no CEIP do Corgo ata  o xoves, día 2, onde se especifican os datos do alumno e acompañantes, e se viaxan en bus ou en coche particular.  As entradas entregaranse no autobús ou diante do estadio para os que non empreguen o transporte público. Para aqueles menores que non dispoñan dun adulto que os  acompañe, persoal municpal viaxará con eles  encargándose do seu coidado.

Contamos con vós para animar ao Clube Deportivo Lugo. Para calquera dúbida pódeis chamar ao 982302100

Publicado en Novas
Sábado, 25 Abril 2015 19:28

Liga de Fútbol-Sala O Corgo 2014-15

As presentes bases rexerán o campionato de liga que se disputará no Pavillón Municipal do Corgo, en horario nocturno, de 21:30 a 22:30 horas, os días luns e xoves. Engadiránse máis días se o número de equipos fose superior a dez.

O motivo deste campionato é o de organizar o horario do Pavillón municipal, para favorecer un reparto xusto de tempo entre os equipos que soliciten participar na “liga”. Non ten carácter de federada nin se esixe un seguro obrigatorio para xogar. Eso sí, dado o carácter voluntario de participación calquera lesión que xurda no xogo correrá por conta do xogador.

Cada xogador asinará un documento que recolle a voluntade de xogar de xeito libre e voluntario, e entregará unha fotografía visible para a ficha.

Cada equipo nomeará un delegado e facilitará o seu número de teléfono para calquera notificación.

Os equipos deixarán en depósito 50 €, co que farán frente a impagos de arbitraxe ou desperfectos intencionados no mobiliario ou instalacións

A organización non se responsabiliza dos danos materiais ou físicos que os xogadores poidan ocasionar

A comisión de cinco tarxetas amarelas sanciónase con 5 € , e as vermellas directas con 5 €.

O Número de xogadores por equipo poderá ser de 15 , e engadirse fichas ata cinco xornadas antes de que finalice o torneo.

Cada equipo pode solicitar aprazamento de un partido por motivo xustificado. O número de aprazados non pode ser maior de dous.

As fichas entregaránse ao principio do partido. O xogador que entre ao campo na segunda metade do tempo ten que estar no pavillón durante a primeira parte.

Cada parte de xogo dura 25 minutos. Só se interrumpirá por motivo xustificado e o tempo preciso.

A non comparecencia dun equipo da lugar á victoria do equipo rival por 3-0.

O custe da arbitraxe é de 24 euros.

Publicado en Novas
Páxina 1 de 2

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate