Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Consulta previa á elaboración dun anteproxecto de regulamento do uso de vías e pistas forestais de dominio público municipal. Novas

De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, con carácter previo á elaboración dun regulamento de uso de vías e pistas, ámbalas dúas forestais, de dominio público, ábrese un trámite no portal web do concello, co fin de que as persoas en xeral e os suxeitos e/ou organizacións ou asociacións máis representativas que poidan estar afectadas pola futura regulación, poidan aportar as ideas ou opinións que consideren oportunas, durante un prazo de un mes a contar desde a exposición deste anuncio na páxima web

a) Coa elaboración dun regulamento do uso de vías e pistas forestais de dominio público municipal preténdese solucionar os problemas derivados especialmente do transporte pesado sobre as vías e pistas de dominio público, en especial o derivado das cortas de madeira.

b) Na actualidade existen numerosas queixas do estado en que quedan as pistas e vías forestais públicas polas que se transporta a mercancía, especialmente a madeira. Os traballos de preparación, extración e transporte producen danos nas citadas vías de comunicación, que se poden evitar si se regula un uso axeitado delas.

c) A regulación do uso en vías e pistas forestais é necesaria para evitar ou minimizar os danos nas mesmas como consecuencia dos referidos transportes, sendo oportuna a súa aprobación para evitar un deterioro das mesmas.

d) Como posible medidas regulativas pódense citar: o establecemento de avales que garantan os posibles danos sobre as vías, o establecemento e imposición mediante a correspondente ordenanza fiscal dunha taxa por uso de bens de dominio público, o establecemento e regulación do peso máximo autorizado para circular polas vías e pistas de dominio público forestal ou a comunicación previa do uso da vía ou pista forestal para transporte de madeira cortada, que é a menos gravosa de todas as citadas anteriormente.

 Todas as opinións e ideas deberán entregarse no Rexistro do Concello do Corgo.

O Corgo, 6 de febreiro de 2018

Ler máis ...

FESTIVAL DE ENTROIDO Novas

O luns, día 12 de febreiro, ás 16:30 h. e ata as 20:00 h.  celebrarase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o festival de entroido, con baile de disfraces, desfile, xogos, animación, lambetadas para todos e colchonetas inchables. O desfile levarase a cabo antes da merenda.

Para que contemos cos nenos e importante anotarse no teléfono 982302377.

Poderán participar nenos/as de tódalas idades, ainda que os menores de 4 anos deberán de estar acompañados dun responsable todo o tempo. Recoméndase traer a merenda. 

Ler máis ...

ECOPILAS  achega os puntos de recollida de pilas aos veciños do Corgo coa campaña  “Lugo Recopila” Novas

 Lugo Recopila é unha campaña de concienciación sobre la importancia de reciclar e a recollida deste tipo de residuos: pilas, baterías e acumuladores. Lugo Recopila pretende informar aos cidadáns da relevancia  de depositalas pilas domésticas usadas nos contenedores habilitados, e garantir así a súa reciclaxe, a protección do medio ambiente e a máxima recuperación das materias primas para a súa reutilización.

A campaña conta cunha carpa itinerante na que un equipo de monitores medioambientais informarán e concienciarán á poboación sobre a recollida destes residuos. No Corgo a carpa estará instalada o martes día 6 de febreiro do 2018 frente ao Centro de Saúde, en horario de 11:00 a 13:30 horas.

Do mismo xeito, Lugo Recopila conta cun servizo de recollida a través do teléfono 673 82 70 50 , co que poderán contactar os responsables dos puntos de recollida de cada concello .

A campaña terá unha duración dun ano e con ela Ecopilas buscará aumentar os índicies de recollida na provincia, así como contribuir a adquirir unha maior concienciación coa reciclaxe deste tipo de residuos

Ler máis ...

Páxina 9 de 52

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate