Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 4 e 12 anos.

As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, durante os meses de xullo, agosto e ata o día 8 de setembro.
Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informará de calquera outra necesidade, como crema solar, etc..
O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, agradécese que haxa unha previsión anticipada de cada semana ou quincena.
O custe da semana é de 15 euros para os nenos/as do Corgo e 20 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo)
Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.
As actividades desenvólvense na Casa das Asociacións do Corgo (detrás de Correos). Se o número de usuarios ou as necesidades técnicas o precisan, poderán desenvolverse no pavillón municipal.
Inscricións antes do 23 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.
Número máximo de participantes 20. De quedar prazas vacantes poderían optar nenos escolarizados no ano 2017 ou que sobrepasen a idade sinalada.

Ler máis ...

Publicación no Bop provincial do sábado, 3 de xuño do 2017 as Bases que rexerán o procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal eformación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a entidade local para a prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba durante a vixencia do Convenio subscrito coa Consellería de Medio rural.

pdf BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL E FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO Ó ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO COMO ENCARGADO DO MANEXO DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA (683 KB)

pdf ANEXO I TEMARIO. Conductores Motobomba (367 KB)

pdf ANEXO II Modelo de instancia. Conductores motobomba (254 KB)

 

Ler máis ...

Viaxes ás praias de Galicia. Novas

O Concello do Corgo lévate ás praias de Galicia os xoves. Para inscribirse anotarse no teléfono 618723269

A hora de saída habitual é ás 9:00 da mañá, salvo as viaxes de Samil e Sanxenxo que se sairá as 8:00 da mañá.

O lugar de saída é a antiga Cámara Agraria do Corgo.

Día 22 de xuño.

SAMIL ( PREZOS: 8 EUROS para os veciños empadroados no Corgo, e 12 EUROS para os que non estén empadroados.)

Saída ás 8:00 da mañá.

 Día 29 de xuño.

 SANXENXO. ( PREZOS: 8 EUROS  para os veciños empadroados no Corgo, e 12 EUROS  para os non empadroados)

Saída ás 8:00 da mañá.

 Día 6 de xullo.  SAN MIGUEL DE REINANTE.
Día 13 de xullo.  FOZ
Día 20 de xullo. ARES (Ferrol)
Día 27 de xullo. TAPIA DE CASARIEGO. (Asturias)
Día 3 de agosto. BENQUERENCIA.
Día 10 de agosto. RIAZOR
Día 17 de agosto. COVAS
Día 24 de agosto. SAN CIPRIÁN
Día 31 de agosto. MIÑO.

Notas:

  •  Prezo:  6 euros os veciños do Corgo e 10 euros os non empadroados. As viaxes de Samil e Sanxenxo, polo quilometraxe, son mais caras (8 euros e 12 euros respectivamente.)
  • As Inscricións realizánse chamando únicamente ao número 618723269  a partir das 10:00 h da mañá e ata as 13:00 horas, dende o luns ata mércores. O día anterior ás viaxes é o último para anotarse.
  • Para o pago da viaxe é importante traer a cantidade xusta.
  • O destino da viaxe pode ser variado segundo o tempo atmosférico.
  • OS ASENTOS ASIGNARANSE SEGUNDO A ORDE DE INSCRICIÓN.
  • Se vostede se inscribe, e por calquera circunstancia non pode facer a viaxe, por favor, avísenos con antelación para dispor da plaza.
  • Non se poñerá un segundo ou terceiro autobús se non hai un mínimo de 20 persoas inscritas.

Ler máis ...

Páxina 10 de 41

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate