Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles.
18 Nov

Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles.

O Pleno do Concello do Corgo, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 11 de novembro de 2016, acordou aprobar a modificación da:

pdf Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (753 KB)

As modificacións introducidas son as seguintes:

v  Tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles queda fixado nas seguintes porcentaxes:

  • Bens urbanos: 0,40 %
  • Bens rústicos: 0,40 %

v  BONIFICACIÓNS:

Sobre a cota íntegra do imposto establécense as seguintes bonificacións:

- Unha bonificación do 95 % da cota íntegra das construcións, edificacións ou instalación nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias.

- Unha bonificación de ata o 95 % da cota tributaria íntegra a favor dos bens inmobles nos que se desenvolvan outras actividades económicas total e exclusivamente, sempre que a empresa ou empresario individual –con domicilio fiscal no Concello do Corgo- suscriba contratos laborais fixos con colectivos con dificultades de integración social.

A redución da cota tributaria será dun 15 % por cada traballador desempregado dos sectores indicados, ata alcanzar o máximo do 95 %.

Reducirase un 7% a cota tributaria  por cada traballador desempregado contratado laboral indefinido que non estea dentro dos colectivos especificados.

- Establécese unha bonificación de carácter anual do 90 % sobre a cota tributaria íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, na que estean empadroados todos os membros dunha familia numerosa durante todo o ano de aplicación da bonificación pretendida, sempre que se a súa capacidade económica non exceda da establecida neste artigo

No texto da ordenanza establécense os requisitos e maneira de acreditar a condición de beneficiario das bonificacións.

A ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación definitiva no BOP de Lugo ( Bop número 295, do 26 de decembro) e producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2017.

pdf Impreso de solicitude de bonificación do imposto do IBI para familias numerosas (55 KB)

pdf Impresos de solicitude de bonificación de ata o 95 % no Imposto sobre bens inmobles para actividades económicas (Art 4.5 da Ordenanza Fiscal) (64 KB)

pdf Impresos solicitude de bonificación de ata o 95% no IBI para actividades agrarias.( Art. 4.4 da Ordenanza fiscal) (58 KB)

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate