pdf Orde do 9 de marzo, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns. Popular

Por 895 descargas

ORDE do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E‑IN412F)

As entidades colaboradoras do Plan Renove de instalacións eléctricas comúns son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 2 de maio de 2017 e finalizará o 1 de setembro de 2017.

As subvencións que se outorguen ao abeiro destas bases serán compatibles con subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate