Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas para os Agricultores Resolución do 13 de decembro ( AGADER)

pdf Resolución do 13 de decembro ( AGADER)

Por 83 descargas

Descargar (pdf, 1.17 MB)

axudas maquinaria e equipamento para actividades non agricolas( AGADER).pdf

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.

 Persoas beneficiarias

a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

 Obxecto

Apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipos produtivos destinados a actividades non agrícolas.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate