Vostede está aquí: Inicio Documentación Servizos Información Agropecuaria Novas para os agricultores Orde do 19 de decembro de 2018. ( Axudas para os danos de especies de fauna silvestre no 2019)

Desde esta sección quérese aumentar a visibilidade da documentación pública do Concello de O Corgo. A información e documentación oficial permite coñecer os actos e as decisións da corporación municipal, ademais de aumentar a transparencia administrativa municipal.

Orde do 19 de decembro de 2018. ( Axudas para os danos de especies de fauna silvestre no 2019)

 

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.

. Ao abeiro desta orde, subvencionarase

a) Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: constará dunha subliña 1 para a adquisición de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada e doutra subliña 2, para a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en ambos casos, con posterioridade á publicación desta orde.

b) Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate