Vostede está aquí: Inicio Política de Privacidade

Aviso Legal

IDENTIFICACIÓN LEGAL

De acordo co art. 9 da Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, o Concello do Corgo identifícase en Internet co dominio http://concellodocorgo.com .

Ademais e a tenor do establecido no art.10 da  norma legal arriba indicada, o Concello do Corgo con CIF P2701400J informa que pode contactar connosco dirixíndose a:

  • Concello de O Corgo
  • Carretera N-VI, S/N 27163 O Corgo - Lugo
  • Tlf: 982 302 100
  • Fax: 982 302 068

CONDICIÓNS DE USO

O Concello de O Corgo, a través do dominio concellodocorgo.com facilita información de interese xeral da vila de O Corgo e, en especial, información e xestións propias da organización municipal.

A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.

O Concello do Corgo procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos no momento que os detecta. De calquera maneira, o Concello do Corgo non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se encontre permanentemente actualizado.

O Concello do Corgo poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións, supresións ou actualizacións da información contida en concellodocorgo.com ou na súa configuración ou presentación. O acceso ó dominio concellodocorgo.com, así como o uso da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello do Corgo non é responsable de ningún perxuizo que puidera derivarse deses feitos, nin tampouco pode garantir que o acceso non se vexa interrompido ou que o contido ou software ó que poida accederse está libre de erro ou de causar dano.

A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se encontran estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.

En concelllodocorgo.com inclúense enlaces a páxinas de sitios web de terceiros, fundamentalmente de outras Administracións públicas, que se considera poden ser de interese para os usuarios. O Concello do Corgo non asume ningunha responsabilidade derivada das conexións ós contidos deses enlaces. O portal concellodocorgo.com, os seus deseños gráficos e as informacións e códigos que conten son de titularidade do Concello, salvo expresa indicación de unha titularidade diferente, e están protexidos pola lexislación sobre propiedade intelectual.

Os contidos deste dominio poden ser descargados no terminal do usuario sempre que sexa para o seu uso privado e sen ningún fin comercial, pero non poden ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación, salvo autorización específica e expresa.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A visita ó dominio concelllodcorgo.com realizase en forma anónima, tan só se recollen cokies para facilitar a navegación do usuario.

Para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico, ou solicitar información, os usuarios deberán de facilitar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.

Eses datos incorporaranse ós correspondentes ficheiros informatizados do Concello do Corgo e serán tratados de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1.999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais disposicións de aplicación coa finalidade de levar a cabo as xestións solicitadas ou proporcionar a información requirida.

Vostede consinte o tratamento destes datos podendo exercer os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose as nosas oficinas. Os datos recadados so serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento do interesado ou de acordo co previsto na citada Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate