Vostede está aquí: Inicio Servizos Municipáis OMIX

Centro Sociocultural

O edificio orixinalmente era o primeiro Centro médico do Corgo. No ano 2003 foi rehabilitado polo obradoiro de emprego “ Ponte de Neira II, e pasou a adicarse como Centro Sociocultural. Mantivo a estructura de planta baixa, sen barreiras arquitéctónicas (o que permite o uso de Centro Socioculturalveciños incluso con mobilidade reducida), e da cabida a tres salas distintas: o Telecentro municipal, a Omix e unha sala multiusos, empregada tanto como salón de actos como para aula dos distintos cursos, actividades e festivais que ao longo do ano se ofertan.

O Centro Sociocultural do Corgo é un edificio situado nun dos puntos máis destacados do Corgo, xa que nel concentránse varios servizos, como o Centro de Día, Centro Médico e Punto de Atención Continuada. No exterior, pola parte traseira, nunha das zonas verdes que o limita, están colocados distintos elementos de circuitos biosaudables.

Empregado tanto para actividades propostas dende o Concello como dende as distintas asociacións, que poderán utilizar este local, previa solicitude de autorización de uso que se formulará por escrito ao Concello, especificando a actividade, horarios, duración, necesidade de emprego de distintos elementos (pantalla, proxector, servizo de megafonía, etc).

  Horarios centro sociocultural

  Solicitude uso instalacións

Oficina de Información Xuvenil

Oficina Municipal de Información XuvenilA oficina municipal de información xuvenil é un servicio público e gratuito que o concello do Corgo pon á disposición da mocidade. Trata de informar , asesorar e dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan resultar do interese dos xoves así como de outros sectores directamente relaccionados con estes (pais..)

 

Está integrada dentro da rede galega de información xuvenil e depende da Consellería de Traballo e benestar.

 Servizos :

Pretende cumplir o seu cometido baseándose en respostas individualizadas e confidenciais e no estudio da poboación xuvenil desde diversas áreas:

  1. No eido educativo( bolsas de estudo, matrículas, centros, residencias universitarias, carreiras, formación profesional..)
  2. Traballo (emprego público, privado..)
  3. Axudas e subvencións.
  4. Tempo libre e ocio ( programas da dirección xeral da xuventude, viaxes, exposicións…)
  5. Cultura ( certamen, premios, concertos, concursos, charlas, intercambios culturais..)
  6. Temas sociais e saúde ( sexualidade, drogas, racismo, trastornos alimentarios..)
  7. Voluntariado e asociacionismo.

Na Omix dase información e tramítase o carné xove .Dirixido ós mozos/as de 12 a 30 anos inclusives. Os interesados terán que cubrir a solicitude, engadindo unha copia do D.N.I.,  e facer o ingreso bancario de 6 euros. Co carné entrégaselles unha guía para facer un correcto uso do mesmo. A súa vixencia é de 2 anos desde a expedición.

Ofrécese información sobre:

  •     Outros carnés como o máis, o de estudiante, o teacher, ou o de alberguista da Reaj..
  •     Distintos programas elaborados desde a Dirección Xeral de Xuventude, como o de 07´ski intro, xuventude Galicia net, xornadas..
  •     Campamentos de verán e campos de traballo.

Desde a Omix organízanse diversas actividades onde os xoves son os protagonistas.(Cursos de informática, talleres de Nadal, excursións..) As datas tratan de adaptarse ó calendario escolar para facilitar unha maior participación.

 Ubicacion

           Centro sociocultural do Corgo.                   
 Horario *

           16: 00 h a 20:00 h. ao publico

 Teléfono

                         982302377
 email              Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O horario nos meses de verán pasa a ser matinal, de 9:00  a 14:00 h

Páxina web de xuventude

 

Contacto Orientación Laboral

Centro Sociocultural O Corgo

982 30 23 77  /  982 30 21 00

orientacion@concellodocorgo.com

https://www.facebook.com/orientacionlancaraocorgo.triacastela.9

 

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate