Centro de Día

Centro de Día

¿Que é un centro de día para persoas maiores?

Son centros xerontolóxicos  socio-terapéuticos e de apoio ás familias que, durante o día, prestan atención  terapéutica integral  e plural  ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa  autonomía personal, actividade  relacional e a permanencia no contorno habitual.

¿Quen son os seus usuarios?

As persoas maiores de 65  anos ou en casos excepcionais  de 60, cunha dependencia física, psíquica ou sensorial, de carácter leve ou moderado.
As súas familias, que van a recibir apoio, orientación e atención personalizada por parte dos profesionais  do centro de día.

¿Con qué profesionais contamos?

O Centro funcinará baixo a supervisión dun director que coordinará o traballo de:

  • Personal de servizos xerais.
  • Persoal xerocultor.
  • Persoal técnico  especializado para desenvolver os programas  que se levarán a cabo no centro.

Neste centro en concreto, cóntase con: Traballadora  social, Psicóloga e Terapeuta ocupacional.

Servizos que prestan

  • Asistenciais: axuda nas actividades básicas da vida diaria (alimentación, camiñar, higiene bucal..)
  • Terapéuticos
  • Hoteleiros. (Almorzo, comida e merenda)
  • Trasporte  adaptado (para xornada completa)

Horario

A xornada completa comprende de 8.30 da mañá a 19.30 da tarde, con dereito a transporte adaptado, de luns a venres. As medias xornadas poden ser de mañá ou de tarde, con ou sen xantar.

Prezos

Establecemento da participación económica dos usuarios Os prezos están regulados na Orde do DOG Núm. 182 do Martes, 24 de setembro de 2013 , e calculados en función dos ingresos mensuais dos usuarios.

 

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate