Vostede está aquí: Inicio Turismo Patrimonio Cultural Patrimonio Civil Pazo de Piñeiro en San Estevo de Folgosa

Patrimonio Cultural

Proporcional á extensión do Concello e ao número de núcleos veciñais, tamén son os signos da historia. Os castros son os elementos máis antigos que podemos recoñecer , como son o Castro de Eirexe ( no Alto), o Castro de Castrilón ( Castrillón), o da Croa ( en Chamoso), o Poboado do Castro en Farnadeiros, o Castro de Tras da Zarra o de Ramil e o de Navás en Laxosa, ou de Manán e Queizán de Abaixo.

 

As pegadas medievais tamén se divisan nos Sartegos antropoides de Santa Mariña ( Cabreiros) nos Sartegos de San Cristobo de Chamoso , en Queizán de Abaixo, ou en Pedrafita, no antigo emprazamento da igrexa. En canto á arquitectura relixiosa destacan as igrexas parroquiais, así como os cruceiros e os cemiterios. Algún dos cruceiros máis destacados son o de San Andrés de Chamoso ou o cruceiro de S. Andrés en Hospital. En Anseán, en Pena do Souto tamén se atoparon pedras de culto. As igrexas máis antigas son de estilo románico, tendo en común a pranta rectangular e os restos deste estilo.

19 Abr

Pazo de Piñeiro en San Estevo de Folgosa

Protección: Normas Complementarias e Subsidiarias Provinciais.

Pazo ca fachada principal na beira do camiño e co resto da finca amuarallada.

Susceptible de ser declarado monumento. Grande porton de entrada nun lateral e unha horta na parte posterior.

Fachada principal ben conservada, onde se asenta un monumental escudo, pero o resto do edificio esta bastante descoidado, uso actual de vivienda rural.

Consta dunha planta cadrada cun sainte en "L" engadido que corresponde a galería. Muros de cachotería agas na fachada e nos esquinais e marcaxes que e de cantería . Distribución ritmica dos vans. Patio interior regular cunha arcada, enriba dela, un corredor con balaustrada de pedra e cuberta sobre columnas.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate