admin 1 de Abril de 2020 0

Labores de desinfección no Concello do Corgo.

 

O Concello do Corgo adoptou unha nova medida para atallar  a crise sanitaria que está  vivindose no pais. Na mañá de hoxe, primeiro día  de abril, persoal munipal levou a cabo labores de desinfección de distintas áreas   frecuentadas pola poboación, como establecementos comerciais,  farmacias, oficina bancaria, etc. contribuíndo e ampliando  as tarefas que xa  se desenvolveran  a través das brigadas de incendios da Xunta de Galicia.

Así mesmo, incrementouse  a dotación de material de  protección e desinfacción para o persoal municipal que  continúa a traballar na prestación de servizos a comunidade , recibíndose un segundo lote de productos enviados pola Xunta de Galicia (  300 luvas de protección, 300 mascarilas, botellas de producto desinfectante, 6 de xel hidroalcohólico e 23 buzos de protección). O Concello por outra banda adquiriu tamén   gafas e pantallas  de protección, buzos e batas de protección, luvas de nitrilo, mascarillas, protección para o calzado, xel hidroalcohólico e producto desinfectante para o persoal en activo.