PERIODO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA.
O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva e inscrición/matrícula para o vindeiro curso 2021/22.
Os prazos de admisión seguindo o Regulamento orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:
– Os nenos/as xa matriculados no curso actual e que desexen continuar para o curso 2021/22 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 5 de abril e o 16 abril (ambos inclusive).
RESERVA PRAZA NO PAI ( Acceder ao impreso pulsando neste enlace)
– As novas solicitudes de admisión (inscrición e matrícula) atenderánse do 19 de abril ao 30 de abril (ambos inclusive).
NOVAS INSCRIPCIÓNS MATRÍCULAS NO PAI 2021/22 ( Acceder ao impreso de solicitude neste enlace).
DECLARACIÓN RESPONSABLE CONFORME CO ESTABLECIDO NO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS 0 (1)
AUTORIZACIÓN ALIMENTOS (P.A.I)
AUTORIZACIÓN USO DE IMAXE PAI O CORGO
Posteriormente, a listaxe de admitidos sairá publicada o 14 de maio na páxina web do concello.
Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse de 9:00 h a 15:00 horas ás oficinas do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.
A dirección do pai.