admin 17 de Agosto de 2021 0

Axudas para a obtención do permiso de conducir para mozos/as inscritos no SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL.

O 13 de agosto publícase no DOG a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que ao esgotarse o crédito orzamentario publicarase no DOG e na web de xuventude.xunta.es e xa non se admitirán máis solicitudes.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso clase B e de 650 para o permiso clase C. Ditos importes poderán acumularse no caso de que a persoa solicite a axuda para ambos permisos.

Os requisitos esixidos son:

-Ter feitos os 18 anos e non esceder a idade establecida no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

-Estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action?request_locale=gl)

-Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia  con anterioridade á solicitude da axuda, ou en caso de obter o permiso, con data de expedición entre o 1 de xaneiro do 2021 e a da realización da solicitude.

-Estar empadroado en calqurera concello de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

O prazo de solicitude é dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.

O pago da axuda producirase unha vez xustificada a axuda concedida. A solicitude e tódolos trámites farase por medios electrónicos.

Enlace a ORDE: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html

O 13 de agosto publícase no DOG a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que ao esgotarse o crédito orzamentario publicarase no DOG e na web de xuventude.xunta.es e xa non se admitirán máis solicitudes.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso clase B e de 650 para o permiso clase C. Ditos importes poderán acumularse no caso de que a persoa solicite a axuda para ambos permisos.

Os requisitos esixidos son:

-Ter feitos os 18 anos e non esceder a idade establecida no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

-Estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action?request_locale=gl)

-Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia , con anterioridade a solicitude da axuda, ou en caso de obter o permiso, con data de expedición entre o 1 de xaneiro do 2021 e a da realización da solicitude.