
PRIMIEIRA RECOLLIDA SOLIDARIA PARA AGA UCRAINA NO CONCELLO DO CORGO
O martes, día 15 de marzo, tivo lugar no Centro Sociocultural do Corgo o primeiro envío da recollida solidaria dos veciños do Corgo e arredores, que con boa fé e unha grande dose de humanidade e comprensión, empatizaron coa situación do pobo Ucraíno colaborando dun xeito moi activo nesta campaña iniciada dende os Servicios Sociais municipais.
A campaña mantense aberta a espera de poder continuar facendo novos envíos, xa que os ucraínos seguerán necesitados de todos os productos básicos que lles podamos facer chegar, polo que continuarase recollendo no mesmo horario e lugar.
Agradecendo a todos os veciños implicados nesta iniciativa solidaria, a Carmen Lence de Leite Río de Galicia, que colaborou coa donación un palet de leite, e a tódolos traballadores e voluntari@s que fixeron posible que esta primeira recollida fose tan satisfactoria e poidera reflexar a compasión e benevolencia da nosa xente.
Grazas!
Lémbrase que a campaña non rematou, e que seguirase traballando para enviar todo o apoio e auxilio posible aos ucraínos. Contamos con vós!




