
XORNADA DA IGUALDADE DE XÉNERO NO CEIP DO CORGO.
O Concello do Corgo organiza unha xornada da igualdade dirixida aos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe do Corgo para o venres día 1 de abril.
Consiste nunha serie de talleres que se levarán a cabo no colexio, en grupos reducidos e por idades, para facilitar a comprensión e concienciación dos nenos e nenas.
Está elaborado por Aprendemos con disciplina positiva, e desenvólvese en talleres con distintintos contacontos e actividades que conviden á reflexión sobre a igualdade de xénero. A porposta para os cursos superiores (5º e 6º) comprende un experimento social, unha mesa redonda e debate e choiva de ideas para erradicar a desigualdade de xénero.