OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á LECTURA DE DOCUMENTOS ANTIGOS
O Concello do Corgo, en colaboración co Arquivo Diocesano de Lugo e através do Proxecto CORGORAL, organiza o primeiro Curso de iniciación á lectura de documentos antigos. Co gallo da celebración internacional do Día Mundial dos Arquivos propoñemos unha achega práctica á lectura e comprensión dos documentos escritos como pouso de outras épocas.
O noso obxectivo é desempolvar eses vellos papeis dunha maneira sinxela: dando as claves para poder lelos e comprendelos. Sepárannos deles o contido (ás veces foros ou arrendamentos, ás veces partixas) e, moitas veces, o tipo de letra. Isto fai que nalgúns casos máis desafortunados, acaben no lixo por non se entenderen. Trátase de introducir aos interesados nese marabilloso mundo da escrita e aprender a valorar o que se agocha nas artesas e nos caixóns das nosas casas.
Impartirase unha primeira achega teórica á paleografía e diplomática antiga, aprendendo a interpretar a linguaxe administrativa, a recoñecer os diferentes tipos de letra e as abraviaturas utilizadas con maior frecuencia. Posteriormente e a través de varios exemplos prácticos, explicarase ao alumnado o mellor xeito de descifrar as vellas escrituras. Podedes traer textos que vos resultan de difícil lectura ou interpretación, para descifrármolos entre todos. O curso é gratuíto, con un total de dez prazas dispoñibles, e terá lugar o xoves 9 de Xuño, de 17:00 a 20:00 horas na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar un correo electrónico antes do día 6 de Xuño, indicando o seu nome, apelidos e teléfono de contacto a proxecto.corgoral@gmail.com