Celebración do día de Galicia.
O Concello do Corgo a través do Proxecto Corgoral, súmase á conmemoración desta efeméride tan especial coa presentación pública da Carta Xeométrica de Galicia, elaborada hai case dous séculos polo prestixioso matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán.
A carta xeométrica de Galicia, presentada oficialmente no ano 1834, foi o primeiro mapa de precisión, moderno e riguroso, que se fixo na Península Ibérica a partir de métodos e criterios estrictamente científicos. Para a súa elaboración foi fundamental contar con unha base cartográfica na parroquia corguesa de Gomeán.
O resultado final dos desvelos de Domingo Fontán foi impreso en París no ano 1845, acadando unhas dimensións colosais que axiña mereceron a recoñecida admiración púlbica da comunidade científica internacional. Así pois, a partir deste 25 de xullo fica instalada para a posteridade e para goce de todas as persoas qu o queiran contemplar, unha reprodución fascimilar a escala real deste mapa na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo.