admin 30 de Setembro de 2022 0

Axudas para a obtención do carné de conducir.

 

 

O mércores 28 de setembro publícase a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de circulación das clases B, C e D  á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema  nacional de garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 ( Código de procedemento BS321A)

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución da clase B; de 650 para o permiso da clase C e de 1.300 euros par ao permiso da clase D. O importe será acumulativo no caso de que unha mesma persoa  solicite a axuda por dous ou tres permisos obxecto da orde.

Os requisitos esixidos son.

  1. Ter cumpridos os 18 anos, sen perxuízo da idade mínima para a obtención dos permisos da clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de Garantía Xuvenil.
  2. Estar empadroado/a na comunidade autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscrito  no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicite a axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da norma.

Enlace á normativa.