admin 27 de Outubro de 2022 0

CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO

 

 

A Asociación Cultural Arumes do Corgo convoca o XVI certame literario Terras de Chamoso

A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en lingua galega.

Categorías:
Categoría infantil (dos 10 aos 13 anos, incluídos).
Categoría xuvenil (dos 14 aos 17 anos, incluídos).
Categoría adultos (maiores de idade).
Os anos míranse na data da convocatoria do certame: 1 de outubro de 2022.

Modalidades:
Poesía (de 30 a 60 versos)
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

Premio “A Legua Dereita”:
Categoría infantil (dos 10 aos 14 anos).
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
Temática: A cultura tradicional galega.
Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial “A Legua Dereita” pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo:
A. C. Arumes do Corgo.
Antigas escolas do Corgo s/n,
27163 O Corgo.
Lugo
Tamén se pode enviar ao correo-e: arumescorgo@gmail.com.
Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente ao xurado a obra e o lema da mesma.

prazo de entrega estará aberto ata o día 27 de novembro de 2022.
A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 17 de decembro de 2022 no Centro Sociocultural do Corgo.

Premios: para cadansúa categoría establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
O premio “A Legua Dereita” contará, a maiores da cerámica do país, dun lote de libros relacionados coa cultura tradicional galega e do diploma acreditativo, cun instrumento musical galego.

http://arumescorgo.blogspot.com/