ENCONTRO FESTIVO NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, organiza o vindeiro sábado 5 de Novembro unha xornada especial aberta a todos os públicos na biblioteca do Punto de Atención á Lectura, xunto ao Punto de Atención á Infancia.
Ás 17:30 comenzaremos coa inauguración oficial da mostra temporal titulada Alfarería tradicional lucense: os obradoiros de Bonxe e Gundivós, a partir de unha escolma de pezas da colección particular de Manuel Fernández, Lolo da Vila. Permanecerá aberta na biblioteca durante os meses de Novembro e Decembro.
Ás 18:00 h estrearemos o Cinema do PALCO, coa proxección da película El Rey del Río, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Entre os seus protagonistas figuran actores tan coñecidos como Alfredo Landa, Carmen Maura e Achero Mañas. A peculiaridade desta logametraxe está no feito de ter sido parcialmente rodada en diversas localizacións do noso concello, como o Palacio do Xeneral Tella, en Adai, ou o Pazo de PIñeiro, en Folgosa.
Posteriormente, contra as 20:00h a escritora Ánxela Gracián, con orixes familiares na parroquia corguesa de Queizán, presentará o seu libro de poemas Paisaxes de pan. Neste encontro teremos a oportunidade de conversar con ela sobre o seu traballo como autora de numerosas obras de literatura infantil e xuvenil, tradutora e poeta. Todos os nenos e nenas presentes no acto serán agasallados cun libro.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños a participar neste evento cultural e moi especialmente aos pais e ás nais dos máis novos, que terán a oportunidade de coñecer de primeira man e de poder conversar coa escritora convidada, Ánxela Gracián.