NOVO PUNTO LIMPO MÓVIL NO CONCELLO DO CORGO PARA FOMENTO DA RECICLAXE CORRECTA DE RESIDUOS E A SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL.
O Concello do Corgo conta cun novo punto limpo móvil para facilitarlle a tódolos veciños e veciñas a reciclaxe de residuos, así como impulsar a sensibilización ambiental.
Este proxecto realízase cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 70.000€, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A través da aquisición do punto limpo móbil preténdese mellorar a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na Comunidade Autónoma, e favorecer a adecuada recollida selectiva de residuos por tódalas parroquias deste concello, fomentando a proximidade das instalacións á cidadanía .