Bases reguladoras de axudas excepcionais para persoas productoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína. (Procedemento MR244A)
Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As axudas consisten nun pagamento único por tamaño da explotación, atendendo ao número de animais, no caso das explotacións produtoras de carne de vacún, de carne de ovino e de carne de cabrún, e nun pagamento único por capacidade da explotación, atendendo ao número de prazas, no caso de explotacións produtoras de carne de aves e de carne de coellos.
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.