
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL VÁZQUEZ NA BIBLIOTECA DO PALCO
A biblioteca do PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo acolle este venres 14 de Xuño ás 20:00h a presentación do libro de Manuel Vázquez titulado O pracer da chuvia. Esta obra narrativa, que vén de saír do prelo grazas ao labor de Medulia Editorial, está prologada polo escritor e mestre Xesús Trashorras. No acto de lanzamento estarán presentes o autor, que asinará exemplares da súa obra, o prologuista, o responsable do Proxecto CORGORAL e Chelo Vázquez, presidenta do Centro de Estudos do Corgo. A actividade está aberta a todos os públicos e moi especialmente á veciñanza corguesa e ás persoas interesadas na literatura actual.