Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo
No DOG DO 18 de xaneiro de 2024 publícanse as bases das axudas para paliar os danos producidos polo lobo. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento MT809B).