dnrocio@gmail.com 18 de Novembro de 2024 0

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

O concello do Corgo, informa a aquelas persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, poden pasar estas datas en compañía.
Plazas e destinos: Ofértanse un total de 140 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Lugo.
Datas e servizos: Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2024 e o día 7 de xaneiro de 2025, e comprenderá os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.
  • Desprazamento en autobús dende Lugo (día 24 pola maña) ata a residencia de tempo libre en Nigrán, e volta o 7 de xaneiro (despois do almorzo)
  • Actividades de animación sociocultural.
    Persoas beneficiarias:
    a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
    b) Estar empadroado no concello do Corgo
    c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía
    Solicitudes: As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
    Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
    Ata o día 25 de novembro de 2024 (incluído) no departamento de servizos sociais do concello do Corgo.
    Información:
    982 14 39 06
    982 14 39 07
    Custo da praza: Gratuíto.