Explotación do servizo de cafetería-restaurante no edificio aula de interpretación do Río Chamoso.
No BOP número 46 do 26 de febreiro do 2016, publicase o anuncio da xunta de goberno Local co que se fai publicidade da explotación do servizo de cafetería-restaurante no edificio aula de interpretación do rio Chamoso (praia fluvial do Corgo). O prazo para a presentación de ofertas é de 20 días naturais contados dende a publicación do anuncio. A adxudicación efectuarase seguindo o procedemento aberto.