Preselección dun técnico en Orientación laboral.
O Concello do Corgo preselecciona un TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL. Os candidatos deberán contar cos requisitos de titulación establecidos na Orde do 29 de decembro do 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, é dicir:
– Título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao ou
– Título universitario de enxeñeira/o técnico, diplomado/a universitario, arquitecta/o técnico ou grao.
Ademáis establécese un baremo de puntuación, que é o establecido no Artigo 10.2 da citada Orde, e que se facilitará nestas oficinas municipais, xunto coa forma de acreditar os méritos, ou a través da páxina web www.concellodocorgo.com.
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de participación nesta preselección no Rexistro do Concello do Corgo durante o prazo de 8 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Diario El Progreso, achegando xunto coa mesma un currículum vitae acreditando da maneira establecida os méritos que se alegan.
Finalmente, unha vez preseleccionado/a o candidato/a, será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral quen realice a baremación final do técnico/a preseleccionado.
INSTANCIA PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL.
BAREMO DE PUNTUACIÓN PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL