Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles.
O Pleno do Concello do Corgo, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 11 de novembro de 2016, acordou aprobar a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.
As modificacións introducidas son as seguintes:
v Tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles queda fixado nas seguintes porcentaxes:
- Bens urbanos: 0,40 %
- Bens rústicos: 0,40 %
v BONIFICACIÓNS:
Sobre a cota íntegra do imposto establécense as seguintes bonificacións:
– Unha bonificación do 95 % da cota íntegra das construcións, edificacións ou instalación nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias.
– Unha bonificación de ata o 95 % da cota tributaria íntegra a favor dos bens inmobles nos que se desenvolvan outras actividades económicas total e exclusivamente, sempre que a empresa ou empresario individual –con domicilio fiscal no Concello do Corgo- suscriba contratos laborais fixos con colectivos con dificultades de integración social.
A redución da cota tributaria será dun 15 % por cada traballador desempregado dos sectores indicados, ata alcanzar o máximo do 95 %.
Reducirase un 7% a cota tributaria por cada traballador desempregado contratado laboral indefinido que non estea dentro dos colectivos especificados.
– Establécese unha bonificación de carácter anual do 90 % sobre a cota tributaria íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, na que estean empadroados todos os membros dunha familia numerosa durante todo o ano de aplicación da bonificación pretendida, sempre que se a súa capacidade económica non exceda da establecida neste artigo
No texto da ordenanza establécense os requisitos e maneira de acreditar a condición de beneficiario das bonificacións.
A ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación definitiva no BOP de Lugo e producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2017.