Consulta Pública: regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia.
De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ábrese un período de consulta pública, a través do portal web deste concello, co fin de recabar a opinión dos veciños e das organizacións máis representativas que puideran resultar afectados polo novo servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI).
A necesidade e oportunidade desta regulación vén esixida polas características do novo servizo que atenderá a nenos de entre 0 e 3 anos, co fin de conciliar a vida familiar e laboral.
O obxectivo da norma é de que o novo centro asistencial conte cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos usuarios.
A regulación a través dunha norma regulamentaria vén esixida no apartado 4, letra c) do Art. 20 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
Así mesmo, preténdese a regulación do prezo público pola prestación do referido servizo.
O prazo de presentación de opinións extenderase durante un prazo de a15 días hábiles, a contar desde o día 12 deste mes.
O Corgo, 10 de marzo do 2019.
O Alcalde,
José Antonio Ferreiro González.