Medidas de desinfección. 2 de abril do 2020
Incrementando as medidas para tratar de previr o contaxio do Covid-19, estase a levar a cabo a desinfección dos contenedores de lixo do concello. Neste momento xa se actuaou nos puntos de recollida de Arxemil, recta de Sabarei, Santa Mariña, Manán, Chousa, Escoureda, Agragán, recta do Corgo, centro médico, concello, colexio.. e proseguiranse as labores nas parroquias que quedan pendentes.
Por outra banda,as brigadas de incendios da Xunta voltaron as labores de desinfección das inmediacións do Centro de saúde, labores que repiten cada tres días e que complementan ás xa adoptadas polo propio concello nos puntos onde se pode concentrar maior número de veciños, como establecementos comerciais, banco, farmacias, etc.