Publicación de AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS.
O mércores día 19 de xaneiro do 2022 saiu publicada no DOG a resolución do Instituto Galego de Estudos do Territorio sobre as axudas para actuacións de correccións de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas propietarias do inmoble, ben ou terreo sobre o que se pretende realizar as actuacións.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES.
Poderán ser obxecto de subvecións as acutacións que teñan por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos, en concerto:
- Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións constructivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrilo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
- Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpinterías ou cerrallerías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.
- Remate ou renovacón do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións constructivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.
- Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación.
Quedan excluídas de forma expresa as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza. Os materiais e as cores que se empreguen deberán de adaptarse aos criterios da Guía de cor e material de Galicia.
O importe da axuda será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación da seguinte Resolución no DOG.
AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS