Santa Mariña de Cabreiros

Pequena igrexa románica nun alto de de pedra. O retablo maior é barroco.

Preto da igrexa apareceron varios sartegos.

Santiago de Fonteita

Igrexa parroquial románica do século XIII, reformada na metade frontal, con ábseide rectanguilar e semicircular. No ábside apareceron unhas pinturas que se supoñen do século XVIII, ocultas baixo unha capa de cal.

Santa María de Franqueán

Con fachada do Século XII, porta de estilo románico e unh afiestra con arco e columnas. A porta lateral que tivo noutro tempo hoxe está pechada. Adicada a Santa María, data do 1178 e con reformas posteriores

Santiago de Gomeán

Catalogada como un humilde exemplo de románico rural. Correponde á segunda metade do século XII, con frontis moderno.

San Xián de Campelo

Igrexa románica con nave a dúas augas. Alberga unha virxe románica do século XIII

Santiago de Camposo

Igrexa de S. Martiño de Folgosa.

Humilde igrexa románica de pedra de sillería, con ábside semicircular mais baixa. Ten nave a dúas augas.

No interior un retablo barroco de arredor do século XVIII. No exterior atópase o cemiterio. Destaca un curioso enterramento coroado cun bonete de pedra.

Igrexa Salvador de Castrillón

Igrexa románica do S. XIII, con nave elevada a dúas augas e 14 modillóns a cada lado. Erguida sobre un castro, e rodeada de muro circular de pedra. E importante o culto relixioso e a festa que se celebra ao redor desta ermida, a primeiros do mes de xuño, o domingo máis próximo ao día once son as festas na honra de S. Bernabé

San Xoán de Cela

Igrexa enmarcada nun alto, Foi románica ainda que non quedan restos. O retablo maior é barroco.

Santalla de Quinte

Igrexa románica, a dúas augas, totalmente renovada no século XIX. No interior, retablo e imaxes do século XVI. A porta sur ten unha pedra alintelada decorada con cinco triángulos e debuxos de cruces, círculos e cuñas. Foi restaurada no 1983 polos veciños. Apareceron pinturas do século XVI e unha lápida de sepultura cristiá.

San Miguel de Lapio

Da antiga igrexa románica só queda un arco triunfal nunha igruexa dunha nave con capela e sacristía no lateral norte.

Garda unha Virxe con neno dos s. XVI-XVII.

Igrexa de Santiago de Adai

Do S. XIX (1890). Exemplo de Igrexa moderna, situada no alto do pobo.

Ten nave a dúas augas e planta de cruz latina e púlpito de pedra