CONVENIO CON ALAR GALICA
O Concello do Corgo asina no 2023 a adhesión ao Programa da Asociación ALAR GALICIA co propósito de facilitar aos veciños este servizo. Para que calquera caso sexa derivado á asociación e poidan intervir, é preciso contactar co departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello, a través do 982302100 ou no enderezo electrónico sonia.tallon.parga.ocorgo@eidolocal.es
Alguns dos proxetos da Asociación son:
PROXECTO VOITHEIA : https://www.alar-galicia.es/proxecto-voitheia/
A poboación diana deste proxecto, subvencionado pola Consellería de Sanidade, son os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, residentes na comunidade galega. O foco da intervención establécese nesta franxa de idade debido á realidade estatística á que nos enfrontamos, a idoneidade desta etapa ás liñas de prevención é sensibilización e a susceptibilidade dos máis novos aos factores de risco e desencadeantes das condutas suicidas.
PROXECTO MORPHEO: https://www.alar-galicia.es/proxecto-morpheo/
De xullo do 2022 ata xullo do 2025, estáse a levar a cabo en toda Galicia o Proxecto Morpheo para previr e concienciar acerca das problemáticas asociadas as condutas aditivas, con ou sen substancias, na poboación adolescente e o seu entorno educativo e familiar.