iNSCRICIÓN E MATRICULA no PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DO CORGO.
O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DO CONCELLO DO CORGO ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN/MATRICULA PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025.
OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:
- OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO 2024/2025 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 1 DE ABRIL E O 15 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).
- AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA) ATENDERÁNSE DO 16 DE ABRIL AO 30 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).
POSTERIORMENTE, A LISTAXE DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 10 DE MAIO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.
PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DEBERÁN DIRIXIRSE EN HORARIO DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.
Nos seguintes enlaces achéganse os distintos formularios que deberán de cubrir para formalizar o trámite.