VIAXE ÁS PRAIAS 2024
O Concello do Corgo lévate de viaxe ás praias propostas os xoves . Nas semanas que o xoves é festivo trasládase aos mércores.
As viaxes terán un custo de 8 euros para os empadronados no concello do Corgo e 12 para os non empadornados, con saída ás 9 da mañá da antiga cámara agraria.
As viaxes á provincia de Pontevedra ( Praia das Américas e Samil) terán un custo engadido de dous euros en cada aportación, ( 10 euros os veciños do Corgo e 14 os non empadronados neste concello) e a saída será as 8 da mañá da antiga cámara agraria.
Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 622500462, de luns a mércores , en horario de 10:00 a 13:00 horas. Respetarase a orde de inscrición.
- Traer a CANTIDADE XUSTA DE PAGO da viaxe.
- O destino da praia pode ser variado segundo o TEMPO ATMOSFÉRICO. A hora de regreso pode ser modificada en función do tempo meterolóxico.
- Se vostede se inscribe e por calquera circunstancia non pode ir a viaxe, por favor, AVÍSENOS CON ANTELACIÓN.
DATAS | DESTINO. |
27 DE XUÑO. | PRAIA DAS AMÉRICAS. (SAÍDA ÁS 8:00) 10 €OS EMPADRONADOS DO CORGO 14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO. |
4 DE XULLO. | SAMIL (SAÍDA ÀS 8:00H) 10 € OS EMPADRONADOS DO CORGO 14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO. |
11 DE XULLO | SAN CIPRIAN. |
18 DE XULLO | FOZ |
24 DE XULLO (MÉRCORES) | ARES (FERROL) |
1 DE AGOSTO | RINLO. |
8 DE AGOSTO. | TAPIA DE CASARIEGO. |
14 DE AGOSTO. (MÉRCORES) | COVAS (VIVEIRO) |
22 DE AGOSTO. | VALDOVIÑO |
29 DE AGOSTO. | A CORUÑA (RIAZOR) |