Campamentos de verán para a conciliación da vida familiar e laboral.
Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 3 (sempre que amosen autonomía para as actividades básicas) e 16 anos.
O PAVILLÓN abrirá ás 8:45 da mañá se as famílias solicitan na inscrición a recollida a esa hora.
As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 1 de xullo ata o día 6 de setembro. A hora de entrada e saída é orientativa, poden sair antes ou entrar máis tarde, avisando sempre para favorecer a coordinación dos monitores. Haberá sempre un mínimo de dous monitores por semana.
Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informarán diariamente de calquera outra necesidade.
O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, e preciso que haxa unha previsión anticipada de cada semana quincena ou mes, amosando xa na inscricion cantas e cales son as semanas para as que se precisa o campamento.
O custe da semana é de 5 euros para os nenos/as do Corgo e 10 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo, así como de país/nais traballadores no municipio. De quedar vacantes poderán optar calquera outro neno, atendendo en primeiro lugar a fillos/as descendentes de xente vinculada a este concello)
Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles. Este programa está cofinanciado polo Plan Corresponsables .
As actividades desenvólvense no Polideportivo do Corgo e inmediacións do Colexio, e estarán a cargo dunha empresa de Tempo libre con experiencia neste tipo de actividades.Cando as condición metereolóxicas sexan favorables o campamento trasladarase á praia fluvial río Chamoso e piscina municipal, sempre con prévio aviso e asinando autorización ou permiso para actividades acuáticas.
Inscricións ata o 18 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo. A inscrición pode efectuarse por via electrónica ( ben correo electrónico ou sede electrónica) ou no Centro Sociocultural do Corgo, no concello ou no Colexio do Corgo.
Número máximo de participantes será de 40. Respetarase sempre a orde de criterios de selección (padrón, etc..) e a orde de entrada da inscrición.
DATOS DE INTERESE:
- Unha vez reservada a praza coa inscrición e aceptado/a, cubrir a solicitude/autorización e aboar a taxa na conta que se indica.
- Achegar o DNI da persoa que autoriza oa menor a participar nas actividades.
- Libro de familia onde figure o menor e os datos da persoa que autoriza. Se fose família numerosa tamén se achegará copia do otitulo.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a perfectamente lexible.
- A documentación complementaria non fará falta achegala si xa se aportou noutros procedementos desta Administración e non se produciron cambios.
MAIS INFORMACIÓN:
INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 18 DE XUÑO RESERVA DE PRAZA , CUBRINDO A INSCRICIÓN E SINALANDO CALES SON AS SEMANAS QUE INTERESAN
– PODERÁN INSCRIBIRSE POR MES COMPLETO, QUINCENA OU SEMANA.
– DE QUEDAR PRAZAS VACANTES PODERÁN INSCRIBIRSE AO LONGO DO CAMPAMENTO, FACÉNDOO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DUNHA SEMANA ANTES DE INCORPORARSE, PARA POSIBILITAR A ORGANZICIÓN DAS ACTIVIDADES.
– SOLICITUDE E PAGO: DO 19 DE XUNO AO 26 DE XUÑO. NON SE PAGARÁ ATA QUE A PRAZA ESTÉ CONFIRMADA.
-O PAGO EFECTÚASE NO NÚMERO DE CONTA SINALADO PODENDO FACELO TAMEN A TRAVÉS DA BANCA ELECTRÓNICA. ACHEGARASE RESGARDO DA OPERACIÓN .
OS NENOS/AS QUE NON ESTÉN EMPADRONADOS NO CORGO, EN CASO DE NON TER PRAZA QUEDARÁN EN LISTA DE AGARDA, COMUNICÁNDOSELLES CALQUERA MOVEMENTO NAS LISTAS .
CADA NENO/A LEVARÁ UNHA MOCHILA COAS SÚAS PERTENZAS