Programación de Nadal 2024
CAMPAMENTO DE NADAL. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.
– INSCRICIÓN ATA O DÍA 20 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377.
-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.
-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.
-DATAS E HORARIO: DENDE O LUNS DÍA 23 DE DECEMBRO ATA O DÍA 2 DE XANEIRO. DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
-ACTIVIDADE GRATUITA. É PRECISO QUE TRAIAN MERENDA E AUGA, ASÍ COMO ROUPA CÓMODA.
O VENRES DÍA 3 DE XANEIRO O CAMPAMENTO TRASLADARASE AO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL NO MESMO HORARIO PARA CELEBRAR UNHA FESTA DE DESPEDIDA CON INCHABLES, XOGOS E DEMAIS.
XORNADA EN XUVENLUGO.- COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O XOVES 26 DE DECEMBRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.
-INSCRICIÓNS ATA O DÍA 23 . MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.
– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.
-PREZO: 3,5 €.
–CABALGATA DE REIS. DOMINGO DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE AS SÚAS MAXESTADES SAIRÁN DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO PARA CHEGAR AO COLEXIO PÚBLICO DO CORGO.
INSCRICIONS DOS NENOS/AS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543, ATA O 3 DE XANEIRO.
HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS PARA CONVIDAR AOS ASISTENTES.