Publicación dos resultados do 1º exercicio de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR e data da 2ª proba.
Data de realización do SEGUNDO EXERCICIO, obrigatorio e eliminatorio, para as candidatas que superaron o primeiro, consistente en desenvolver por escrito durante 60 minutos un suposto práctico proposto polo tribunal en relación co temario da convocatoria. O Tribunal acordou que este segundo exercicio se realice o vindeiro mércores, día 5 de febreiro, ás 10:30 horas no Centro Socicultural do Corgo.
De conformidade coas bases, os opositores deberán ler e defender ante o tribunal, en sesión pública, o suposto realizado. A tal efecto indícase que se procederá á lectura dos exames realizados inmediatamente despois da realización da proba, no mesmo lugar.