Romances e cantigas populares

Hoxe en día resulta bastante difícil atopar persoas no concello do Corgo que saiban recitar de memoria os vellos romances hispánicos. Sen embargo, a musicóloga suíza Dorothé Schubarth, coa colaboración do filólogo Antón Santamarina, recolleu e transcribiu en Decembro do ano 1979 unha bela mostra deste tipo de composicións poéticas. Xurdiu dos beizos de Pura, unha informante natural da Ponte de Neira, na parroquia de San Xoán de Cela, que daquela contaba 93 anos. Amais do romance que comeza co verso que di “Mes de Mayo, mes de Mayo…”, Pura cantoulle a Dorothé varias cantigas tradicionais a xeito de coplas sucesivamente encadeadas, que tamén reproducimos. Estes materiais musicolóxicos, que editamos en varios cortes para tentar eliminar os ruídos de fondo, publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego), no que se alberga a Colección Schubarth-Santamarina. Agardamos de todo corazón que esta colaboración entre o APOI-IEI-MPG e o Proxecto CORGORAL continúe ofrecendo os seus froitos e nos permita dar a coñecer outras pezas tan fermosas como as que agora vos ofrecemos.

Tamén poñemos á vosa disposición a cantiga popular “O entroido de Queizán”, gravada polo profesor Xosé Manuel Castro Castedo no ano 1984 e amablemente cedida. Na medida en que vaian sendo localizadas outras gravacións relacionadas coa tradición oral corguesa, irémolas subindo a este portal. Agradecemos en todo momento a vosa colaboración para salvarmos do esquecemento todos estes tesouros do noso patrimonio cultural inmaterial.

Audios

Hoxe en día resulta bastante difícil atopar persoas no concello do Corgo que saiban recitar de memoria os vellos romances hispánicos. Sen embargo, a musicóloga suíza Dorothé Schubarth, coa colaboración do filólogo Antón Santamarina recolleu e transcribiu en Decembro do 1979 unha bela mostra deste tipo de composicións poéticas. Xurdiu dos beizos de Pura, unha informante natural da Ponte de Neira, na parroquia de San Xoán de Cela, que daquela contaba 93 anos. Amais do romance que comeza co verso que di “Mes de Mayo, mes de Mayo…”, Pura cantoulle a Dorothé varias cantigas populares a xeito de coplas sucesivamente encadeadas, que tamén reproducimos. Estes materiais musicolóxicos, que editamos en varios cortes para tentar eliminar os ruídos de fondo, publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego), no que se alberga a Colección Schubarth-Santamarina. Agardamos de todo corazón que esta colaboración entre o APOI-IEI-MPG e o Proxecto CORGORAL continúe ofrecendo os seus froitos e nos permita dar a coñecer outras pezas tan fermosas como as que agora vos ofrecemos.

Colabora:

 

Audios