Bases do proceso de contratación dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO e 2 OFICIAIS 1ª e 2 OFICIAIS 2ª. PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2021.

Publicación no BOP DE Lugo, número 251 do 2 de novembro do 2021 das bases que rexerán o procedemento de selección dun auxiliar administrativo e dous oficiais de primeira e dous oficiais de segunda no Concello do Corgo, ao abeiro do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo. Programa Fomento do emprego 2021.

Bases do proceso de selección 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO e 2 OFICIAIS 1ª E 2 OFICIAIS 2ª. PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS . PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2021.

Ler Máis

XV Certame literario “Terras de Chamoso”

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2021 acada a súa décimo quinta edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 26 de novembro de 2021. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 18 de decembro de 2021 no Centro Sociocultural do Corgo (se as condicións epidemiolóxicas o permiten).

Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).

 Asociación Cultural Arumes do Corgo

www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis

Listado provisional de admitidos e excluídos no procedemento de selección dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL.

 Publicación do listado provisional   do procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación dunha bolsa de emprego dun posto de TRABALLADOR/A  SOCIAL.

Listado de admitidos/as excluídos/as do proceso selectivo dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL.

Ler Máis

Bases do proceso selectivo de contratación dun/dunha Traballador/a Social.

 

Publicación das bases para a contratación e formación dunha bolsa de emprego de Traballador/a Social no Concello do Corgo, por acumulación de tarefas ou circunstancias eventuais na prestación de Servicios Sociais, substitución do traballador/a nos supostos de reserva de posto de traballo, vacacións, baixas laborais ou por maternidade da titular.

Proceso selectivo de contratación dun/dunha Traballador/Traballadora Social.

Ler Máis

Quedada running no Corgo.10 de Outubro.

 

 

Convocatoria de quedada running no Corgo para o DOMINGO día 10 de outubro, ás 10:30H. na Praia Fluvial Río Chamoso,  realizándose dous perocorridos, un de 10,5 km e outro de 6 km, para preparatorio da XII Carreira Popular memorial Quique Casanova, que se celebrará o  sábado  día 16 de outrubro.

 

REGULAMENTO DA XII CARREIRA POPULAR DO CORGO MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

 

 INSCRICIÓNS

Ler Máis