Publicación das bases para o proceso de selección dun corsexe para o CEIP do Corgo .

Publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o venres, día 20 de xuño, das  Bases que rexerán o porcedemento de selección de persoal laboral temporal a media xornada, ( un conserxe para o CEIP DO CORGO) ao abeiro do Plan Provincial de Cooperacion cos cocellos 2020, da Deputación Provincila do Lugo para a execución de obras, servizos e creación de emprego. “PROGRAMA  FOMENTO DO EMPREGO 2021”

 

  Bases para a contratación dun conserxe para o Ceip do Corgo

Ler Máis

Publicación das bases para o proceso de selección dun corsexe para o CEIP do Corgo .

Publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o venres, día 20 de xuño, das  Bases que rexerán o porcedemento de selección de persoal laboral temporal a media xornada, ( un conserxe para o CEIP DO CORGO) ao abeiro do Plan Provincial de Cooperacion cos cocellos 2020, da Deputación Provincila do Lugo para a execución de obras,servizos e creación de emprego. “PROGRAMA  FOMENTO DO EMPREGO 2021”

  Bases para a contratación dun conserxe para o Ceip do Corgo

 

Ler Máis

Reunión de inicio do curso 2021-2022 no P.A.I. do Corgo.

 

 

A dirección do P.A.I. do Corgo convoca a tódolos pais/nais dos nenos/as que se citan no seguinte documento a unha reunión grupal antes do comenzo do curso que terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL o venres, día 27 de agosto, ás   12:00 horas.

Reunión de inicio do curso 2021-20222 no P.A.I. do Corgo.

Ler Máis

Axudas para a obtención do permiso de conducir para mozos/as inscritos no SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL.

O 13 de agosto publícase no DOG a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que ao esgotarse o crédito orzamentario publicarase no DOG e na web de xuventude.xunta.es e xa non se admitirán máis solicitudes.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso clase B e de 650 para o permiso clase C. Ditos importes poderán acumularse no caso de que a persoa solicite a axuda para ambos permisos.

Os requisitos esixidos son:

-Ter feitos os 18 anos e non esceder a idade establecida no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

-Estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action?request_locale=gl)

-Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia  con anterioridade á solicitude da axuda, ou en caso de obter o permiso, con data de expedición entre o 1 de xaneiro do 2021 e a da realización da solicitude.

-Estar empadroado en calqurera concello de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

O prazo de solicitude é dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.

O pago da axuda producirase unha vez xustificada a axuda concedida. A solicitude e tódolos trámites farase por medios electrónicos.

Enlace a ORDE: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html

O 13 de agosto publícase no DOG a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C, por parte das persoas mozas residentes en Galicia. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que ao esgotarse o crédito orzamentario publicarase no DOG e na web de xuventude.xunta.es e xa non se admitirán máis solicitudes.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso clase B e de 650 para o permiso clase C. Ditos importes poderán acumularse no caso de que a persoa solicite a axuda para ambos permisos.

Os requisitos esixidos son:

-Ter feitos os 18 anos e non esceder a idade establecida no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

-Estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como beneficiario no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action?request_locale=gl)

-Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia , con anterioridade a solicitude da axuda, ou en caso de obter o permiso, con data de expedición entre o 1 de xaneiro do 2021 e a da realización da solicitude.

-Estar empadroado en calqurera concello de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

O prazo de solicitude é dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.

O pago da axuda producirase unha vez xustificada a axuda concedida. A solicitude e tódolos trámites farase por medios electrónicos.

Enlace a ORDE: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html

Ler Máis

ORIXE E SIGNIFICADO DOS NOMES DE LUGAR DO CONCELLO DO CORGO

Un aspecto destacado do Patrimonio Cultural Inmaterial corgués é o de todo aquilo que se refire á nosa lingua propia ou vernácula. E dentro das expresións lingüísticas, o estudo dos nomes de lugar ou topónimos ocupa un lugar senlleiro. Por todo isto, o Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, ten a ben celebrar o Día de Galicia deste ano 2021 coa publicación dun traballo clásico de referencia e de especial interese: a “Toponimia do concello do Corgo”, da autoría do esgrevio investigador Nicandro Ares Vázquez (1926-2017).

Nesta obra poderemos coñecer cales son as orixes e os significados dos topónimos corgueses que aparecen recollidos no Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia, vixente desde o ano 2000. Nomes tan aparentemente difíciles de entender, como poden ser Abragán, Bergazo, Chamoso ou Laxosa teñen nestas páxinas a súa cumprida e pertinente explicación etimolóxica.
Desde o Proxecto CORGORAL ofrecémosvos esta significativa achega para podermos coñecer mellor o noso concello, a nosa cultura e o noso patrimonio inmaterial. Todas as persoas interesadas neste traballo podedes descargar de balde o PDF na páxina web municipal, solicitar a versión impresa enviando un correo a proxecto.corgoral@gmail.com ou poñéndovos directamente en contacto connosco no teléfono 676-862-924. Moitas grazas.

Orixe e significado dos nomes de lugar do concello do Corgo

Ler Máis

A WEB DO CONCELLO DO CORGO ESTREA UNHA NOVA SECCIÓN CO PROXECTO CORGORAL

Desde hai pouco mais de unha semana, a páxina web oficial do Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, ten aberto unha nova sección titulada “Memoria do Corgo”, coa seguinte ligazón de referencia para todas as persoas que nos queiran coñecer ou visitar virtualmente: https://www.concellodocorgo.com/index.php/corgoral.html

Neste apartado estamos a subir numerosos contidos relacionados co noso termo municipal e coas nosas parroquias, aldeas e lugares. Aínda estamos en fase de probas e certamente temos que mellorar moitas cousas, pero o que nos move é a ilusión por ofrecervos en diversos formatos imaxes, textos e gravacións en audio e vídeo que sirvan de base para conformar pouco a pouco un futuro milladoiro de lembranzas corguesas. Aquí atoparedes textos, fotos, cantigas, documentais, libros, revistas, xornais, mapas… Como dicía Castelao: “Non lle poñades chatas á obra namentres non se remata. O que pense que vai mal, que traballe nela: hai sitio para todos”.

Trátase, coma sempre, dun proxecto público, aberto e colaborativo, no que agradecemos todas as vosas achegas, ideas e opinións. Podedes enviar o que vos pareza interesante a proxecto.corgoral@gmail.com ou poñervos directamente en contacto connosco no teléfono 676-862-924. Moitas grazas.

Ler Máis

Programación cultural Cultura no Camiño 2021 no CORGO.

 

 

 Os XOVES DA CULTURA NO CORGO: Espectáculos de teatro cómico, maxia, novo circo  e música .

Actuacións:

OS  MONIFACES NO CAMIÑO. DIA 29 DE XULLO ÁS 12.30  NA ÁREA RECREATIVA DO CORGO, EN FRONTE AO COLEXIO.

O MAGO ANTON ” VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS”. XOVES, DÍA 5 DE AGOSTO. DIVERSAS FUNCIÓNS . Á MAÑÁ NO COLEXIO DO CORGO E Á  TARDE NA PRAIA FLUVIAL RÍO CHAMOSO.

IKIGAI. ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO DA COMPAÑÍA SUMA.  XOVES  DÍA 12 DE AGOSTO ÁS 12.30 NA ÁREA RECREATVIA EN FRONTE AO COLEXIO DO CORGO.

SAAABOR!!.– ESPECTÁCULO DE TEATRO CÓMICO. XOVES DÍA 19 DE AGOSTO ÁS 12.30 NA ÁREA RECRETIVA DO CORGO.

ENTRADAS DE BALDE. TÓDOLOS PÚBLICOS.

CONSULTA A PROGRAMACIÓN  : Programación cultural Cultura no Camiño 2021 no CORGO

Ler Máis