Axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal do Corgo para paliar os efectos do Coronavirus ( Covid-19) ano 2021.

 

 

O xoves, 6 de maio, publícase no Bop de Lugo, número 101, a convocatoria de axudas para o impulso da economía e paliar os efectos do Covid-19 (ano 2021)

 AXUDAS COVID 2021 

Ler Máis

Corrección de erros.- Lista de admitidos, composición do tribunal e datas das probas no procedemento de formación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar.

Visto un erro no anuncio publicado o día 28 de Abril de 2021, publicase novamente  novamente :

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

Por Resolución da Alcaldía do 28 de abril de 2021 aprobouse a lista provisional que se elevou a lista definitiva de admitidos e excluídos que figura de seguido:

Corrección de erro.- Lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo de formación dunha bolsa de emprego para Auxiliar de Axuda no Fogar.

Ler Máis

RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MANNAN NO CORGO.

 

 

A Residecia Mannán é un centro para a atención socio-sanitaria na terceira idade, ubicado no medio rural, baseasdo na máis alta calidade asistencial orientada á promoción da súde, o envellecemento activo e á prevención da dependencia.

Dispón dunha ampla selección de servizos para garantir a máis alta calidade na atención aos usuarios.

Conta con 39 plazas para residentes, en habitacións individuais ou dobles.

Máis información na web  https://residenciamannan.es/

RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MANNÁN.

 

 

 

Ler Máis

Publicación das listas definitivas para a bolsa de emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar. Composición do tribunal e data das probas.

 

 

Lista definitvia de admitidos ao procedemento de selección para a formación dunha bolsa de empredo de Auxiliar de Axuda no Fogar. Composición do tribunal e data das probas. 

Lista definitiva Auxiliar de axuda no fogar . Datas das probas 

Ler Máis

O CORGO NO IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA. PROXECTO CORGORAL.

 

 

A Asociación Galega de Antropoloxía AGANTRO celebrou en formato telemático o pasado venres 23 de Abril o IV Congreso Galego de Antropoloxía, baixo o lema “Da Xeración Nós á Nova Antropoloxía Galega”. Participaron nesta sesión telemática máis de corenta especialistas, dos que unha ducia presentaron diversas experiencias e proxectos de investigación. E o Concello do Corgo estivo representado neste congreso coa comunicación do antropólogo Lois Ladra titulada “O Proxecto CORGORAL: documentar o Patrimonio Cultural Inmaterial en tempos de pandemia”. O que se pretendeu neste primeiro encontro internacional no que foi presentado nun foro científico o Proxecto CORGORAL foi amosar a grande riqueza patrimonial do municipio corgués e a súa enorme potencialidade como base territorial para o desenvolvemento dun proxecto cultural pioneiro no ámbito municipal galego. Aproveitamos para lembrar a todos os interesados que queiran colaborar con esta iniciativa que poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, de luns a venres, de 09:00 a 17:30 ou no correo electrónico proxecto.corgoral@gmail.com

PROXECTO CORGORAL NO PROGRAMA IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA

Ler Máis

Bases do procedemento de selección de persoal para a formación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar.

 

 

 Publicación no Boletín Oficial da Provincia do venres, 9 de abril, das bases para a elaboración da bolsa de emprego de Axuliar de Axuda no Fogar. 

Bases que rexerán o procedemento selectivo para a eleboración dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar.

Ler Máis

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021

Axudas destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal dos concellos de Galicia, co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural. Camiño en Queizán, camiño en Abragán, e camiño en Laguiño.

 

Ler Máis

PERIODO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA.

 

 

O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva e inscrición/matrícula para o vindeiro curso 2021/22.

Os prazos de admisión seguindo o  Regulamento  orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:

Os nenos/as xa  matriculados no curso actual  e que desexen  continuar para o curso 2021/22 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo  entre o día 5 de abril e o 16 abril (ambos inclusive).

RESERVA PRAZA NO PAI ( Acceder ao impreso pulsando neste enlace)

– As novas solicitudes de admisión (inscrición e matrícula)  atenderánse do 19 de abril  ao 30 de abril (ambos inclusive).

NOVAS INSCRIPCIÓNS MATRÍCULAS NO PAI 2021/22 ( Acceder ao impreso de solicitude neste enlace).

DECLARACIÓN RESPONSABLE CONFORME CO ESTABLECIDO NO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS 0 (1)

AUTORIZACIÓN ALIMENTOS (P.A.I)

AUTORIZACIÓN USO DE IMAXE PAI O CORGO

 

Posteriormente, a listaxe de admitidos  sairá publicada o 14 de maio na páxina web do concello. 

Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse de 9:00 h a 15:00 horas ás oficinas do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.

 

A dirección do pai.

Ler Máis

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS DE PAGO ÚNICO ANUAL PARA O FOMENTO DA NATALIDADE NO CONCELLO DO CORGO. ANO 2020.

Publicación da convocatoria de axudas económicas  para o fomento da natalidade no Concello do Corgo, anualidade 2020.

O prazo de solicitude será dun mes.

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS DE PAGO ÚNICO ANUAL PARA O FOMENTO DA NATALIDADE NO CONCELLO DO CORGO. ANO 2020.

 

Ler Máis