Chamamento público para o proxecto CORGORAL. Recopilación de revistas da escola.
Desde o Proxecto CORGORAL (proxecto.corgoral@gmail.com) estamos a tentar crear un repositorio dixital completo da prensa escolar elaborada polo alumnado do concello do Corgo ao longo dos últimos corenta anos. Ata agora conseguimos arranxar diversos exemplares impresos das revistas Cousas da Escola (CEIP do CORGO) e A Voz da Escola (CPI Ramón Piñeiro). Mesmo así, aínda nos faltan bastantes números e queremos facer un chamamento público a todos aqueles que aínda teñan algún exemplar por casa e queiran colaborar coa dixitalización e recuperación desta importante manifestación do noso patrimonio cultural.
Pedimos a quen teña algún destes números que se poña en contacto co responsable do Proxecto CORGORAL (Lois, telf. 676-862-924) ou co Centro Sociocultural do Corgo (Rocío, Telf. 620731543):
–Cousas da Escola: fáltannos todos os números publicados entre 1980 e 2002.
–A Voz da Escola: todos os números publicados entre 1981-1985 e os de 1994, 1998 e 2002.
Moitas grazas a tod@s pola vosa axuda e colaboración!!!
I CONCURSO DE DISFRACES VIRTUAIS
Trala decisión dun xurado formado por profesorado do Colexio Público do Corgo, Persoal do P.A. I e do concello do Corgo, resultan premiados os seguintes disfraces:
Na categoría de 3 a 6 anos.
– “A buhiña” (Paula Fernández), pola elaboración manual dun traxe con fieltro, goma eva e tela.
– “David Muñoz” (Hugo Arias), pola perfecta caracterización, con piercings, tatuaxes..e transformación dunha camiseta na chaqueta do chef con pintura de tela..
– “Onde está Wally?” (Xoel Pan) pola orixinalidade e perfecta posta en escea do personaxe.
Categoría de 7 a 10 anos.
– “Tarta de cumpleaños” (Mia Shine) , polo esforzó na fabricación do seu disfraz e o bó resultado.
– “Bender de Futurama” (Dylan Torrón), pola recreación exacta do robot de futurama, usando un embude, cartón, un balde, pintura e cinta.
– “ Bote de nutella”( Iztiar Parga), facendo con tela e goma eva un orixinal disfraz.
Categoría de 11 a 14 anos.
Nesta categoría só se presenta unha participane, perfecta merecedora do primeiro posto. O segundo e terceiro lugar ocúpano os nenos da categoría anterior que quedaron coa puntuación seguinte aos tres premiados.
– “A dama de papel” (Andrea Chousa) pola confección dun traxe con periódicos, cartón, fío dos chourizos de macramé.
– “A chica Yeye” (Roi Carreira), pola caracterización do personaxe.
– “Astronauta en cohete espacial” (Jorge Díaz), polo traballo e orixinalidade para a realización do disfraz.
Para recoller os premios poñeremonos en contacto telefónico no número que figura nas inscricións.
Agradecendo a tódolos nenos e nenas a súa participación e extendendo os parabéns a todos os que fixesteis posible o I concurso de disfraces virtuais.
Bases do prodecemento de selección de persoal laboral temporal como responsable da Omix e encargado do Telecentro municipal
Publicación no boletín oficial da Provincia das bases para o procedemento de selecciónde persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da OMIX e encargado do telecentro municipal.
I ENTROIDO VIRTUAL NO CORGO
O concello do Corgo organiza o
I CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO VIRTUAIS.
Este ano por mor da pandemia, as festas de entroido que viñamos realizando para o público máis novo do Concello vense suspendidas, mais non así o ánimo e a ilusión que aos nenos e nenas do Corgo lles supoñen estas datas. É por iso, que imos celebrar un concurso de disfruaces virtuais, sen perigros, sen contactos, garantindo a seguridade e mantendo a diversión que propón o entroido.
Poderán parcipar tódolos/as veciños/as empadronados no Corgo dende os 3 ata os 14 anos, empregando calquera método para elaborar o seu disfraz. Esta primeira edición os premios serán individuais, ainda que entre irmáns ou convivientes poderán, baixo a mesma solictude, participar en parella ou grupo.
Existirán tres categorías en función da idade, e en cada categoría haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio. A creatividade, elaboración e traballo serán determinantes na valoración.
- Categoría de 3-6 anos.
- Categoría de 7-10 anos.
- Categoría de de 11- 14 anos.
Para participar remitirase ao concello omix.ocorgo@gmail.com 3 fotografías en formato jpg da persoa disfrazada, onde se aprecie ben todo o que queirades destacar. No mesmo correo enviaredes os datos personais e a autorización de participación e dereitos de imaxe. Se non vos fose posible facer a inscripción de xeito telemático, podeis entregala na oficina de información Xuvenil , chamando previamente ao 620731543.
As fotografías quedará a disposición do concello que as poderá exibir ou publicar con fins culturais ou informativos.
Os participantes terán de prazo para inscribirse ata o luns, día 15 de febrero. O xurado dará a coñecer os gañadores o venres día 19, a través da páxina web municipal www.concellodocorgo.com.
A vosa orixinalidade e inxenio…..ten premio!
PROXECTO CORGORAL: Literatura de Tradición Oral e Patrimonio Cultural Inmaterial no Concello do Corgo
O Concello do Corgo vén de contratar un técnico para facer a recolla, transcrición, estudo e clasificación da Literatura Popular de Tradición Oral e do Patrimonio Cultural Inmaterial. Durante os meses de Xaneiro e Febreiro, as liñas mestras do “Proxecto CORGORAL” están a ser presentadas á corporación e aos traballadores municipais, aos centros escolares e a diversas asociacións culturais. Ao longo deste ano 2021 serán feitas numerosas entrevistas aos maiores e ás persoas que gardan os tesouros da nosa rica tradición oral: cancións, contos, lendas, romances, coplas, refráns, adiviñas, oracións, responsos… Tamén se recollerán os coñecementos relacionados cos oficios artesanais (muiñeiros, carpinteiros, pedreiros…), cos nomes da terra (microtoponimia) e coas celebracións comunitarias (festas, romarías…).
Todos os interesados en colaborar con esta iniciativa cultural poden poñerse en contacto con Lois Ladra, no teléfono 676-862-924 de luns a venres de 09:30 a 15:30 ou no correo electrónico proxecto.corgoral@gmail.com
Incorporación do Concello do Corgo á Rede de Dinamización Lingüística.
Faise pública a Resolución do Consello de membros da Rede de Dinamización Lingüística que acorda a incorporación do concello do Corgo na rede.
Incorporación do concello do Corgo á Rede de Dinamización Lingüística
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “O FIN DO CAMIÑO”
O martes, día 12 foi inaugurada no centro Sociocultural do Concello do Corgo a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. e permanecerá ata o martes día 19 de xaneiro.
Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia. As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos –Eduardo Ochoa e Carlos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros.
Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz. Exprésase a procedencia dos peregrinos de lonxanas terras, polos camiños todos que levan a Compostela… destacando aspectos como que Europa se mira en Compostela, a peregrinación en multitude ou en soidade, os peregrinos singulares ou anónimos, o millón de pasos que constitúe o Camiño Francés, a cadea de fervores que o Camiño supón, para chegar á Capital de Occidente, visitar a tumba do apóstolo, completar un camiño interior reflexo do exterior percorrido, e emprender o Camiño de volta.
Cada panel conta con brevísimas glosas do Camiño de Urbano Lugrís, Dante ou Frei Luis de León; Filgueira ou Pensado; Tirso, Machado, Fraguas, Pondal, Cunqueiro, Torrente, Cervantes, Celso Emilio ou Manuel Rodríguez López.
A mostra está composta por dez paneis dobres, de 2,30×0,80 metros, e ademais do patrocinio da Xunta de Galicia a través de “O teu Xacobeo”, conta coa colaboración da Asociación de Municipios del Camino de Santiago e Acogida Cristiana del Camino, da Catedral de Santiago, e da plataforma en internet GaliciaDigital, que desenvolveu a web do proxecto, cos contidos da exposición.
Esta exposición percorreu o ano pasado o Camiño Francés, e en 2020-2021 visitará todos os concellos da provincia de Lugo polos que pasan os Camiños de Inverno, Primitivo, Norte e Vía Kunig.
Máis información: www.ofindocamiño.org